Blanqui, Louis-Auguste

Blanqui, Louis-Auguste

Revolucionario e teórico socialista. En 1839 dirixiu unha insurrección que fracasou e foi encarcerado. Liberado en 1848, participou na revolución dese ano como dirixente da Société Républicaine Centrale, polo que foi encarcerado de novo ata 1859, exiliándose en Bélxica en 1864. Volveu a París durante a guerra franco-prusiana (1870), onde fundou o xornal La Patrie en Danger e promoveu, sen éxito, un golpe de estado. Condenado a cadea perpetua, non puido participar na Comuna (1871), obra en gran parte dos seus seguidores. Trala amnistía de 1879 fundou o periódico Ni Dieu ni Maître e escribiu un tratado sobre economía política, La Critique Sociale (A Crítica Social, 1885). Moi influído polas ideas de Babeuf e dos carbonarios, concibía a acción revolucionaria máis como obra técnica dunha minoría que como unha obra política das masas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Puget

  • Deceso

    Lugar : Théniers

  • Deceso

    Lugar : París