Blanquier

Blanquier
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe oriúnda de Francia que se estableceu en Vigo. As súas armas levan, en campo de prata sementado de armiños de sable, un león da mesma cor, cunha estrela radiante de ouro sobre a cabeza; como soportes, un león de sable e un tigre, da súa cor, encadeados e acolarados de ouro; finalmente, leva como divisa: “Tiens à la verité”.