Blenheim, Batalla de
Blenheim, Batalla de
[HIST]
Acción militar da Guerra de Sucesión á coroa de España que tivo lugar o 13 de agosto de 1704 entre as poboacións de Blindheim e Höchstädt (Baviera). As tropas francesas e bávaras foron derrotadas polas tropas inglesas e austríacas comandadas polo príncipe Uxio de Savoia e John Churchill, duque de Marlborough, quen foi recompensado co castelo de Woodstock (Oxford) que recibe o nome de Blenheim, forma inglesa da alemá Blindheim. A batalla coñécese tamén como a Segunda Batalla de Höchstädt.