blénido -da
blénido -da
-
adx
Relativo ou pertencente á familia dos blénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos blénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes da orde dos perciformes. A maioría das especies teñen a pel espida e pegañenta, con abundante mucosidade. Teñen aletas con radios sutís; a dorsal está estendida dende a cabeza ata o pedúnculo, e a caudal é arredondada. Adoitan ser de pequeno talle e de costumes bentónicos, case todos mariños, malia unha minoría de augas doces. A esta familia pertencen os lorchos.