blenorraxia
(
-
s
f
[PAT]
Fluído mucoso.
-
s
f
[PAT]
Enfermidade infectocontaxiosa provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae (gonococo), xeralmente transmitida por contacto sexual e localizada no aparato xenital. No home, despois dun período de incubación de 2 a 10 días, preséntase unha uretrite con secrección primeiro serosa e logo mucopurulenta; a micción é dolorosa. O proceso pódese estender á próstata, ás vesículas seminais e ao epidídimo. Na muller a blenorraxia acostuma ser menos aparatosa ca no home e moi a miúdo pasa totalmente inadvertida. Os puntos máis frecuentemente afectados son a uretra e o colo uterino. A uretrite, despois dunha incubación igual ca a do home, maniféstase por disuria, por unha secreción purulenta escasa e case sempre se complica con síntomas de irritación do colo vesical. A localización no colo uterino, a máis típica, dá lugar a unha cervicite que, ao pasar inadvertida, constitúe un importante foco de diseminación da enfermidade. O proceso pódese estender ata a trompa de Falopio e pode provocar a súa obliteración e, xa que logo, a esterilidade. Ocasionalmente, a partir dunha blenorraxia, o gonococo pode invadir o sangue e provocar unha septicemia.
Sinónimos: gonorrea.