Bloch, Felix

Bloch, Felix

Físico norteamericano de orixe suíza. Estudiou en Zúric e Leipzig, onde foi alumno de Heisenberg; no ano 1930 viaxou a Copenhaguen, onde colaborou con Bohr. No 1933 emigrou aos EE UU, onde foi profesor na Universidade de Stanford ata o 1971. Foille concedido, xunto con E. M. Purcell, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da resonancia magnética nuclear no ano 1952. Ideou un método para polarizar neutróns (1934), co que, xunto con L. Álvarez, determinou o momento magnético do neutrón (1939). Estudiou as funcións de onda dun electrón no seo dunha rede cristalina (teorema de Bloch).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zúric

  • Deceso