Bloch, Marc
Historiador francés. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Estrasburgo (1919) e de Historia Económica na Sorbonne (1936-1939), fundou, con Lucien Febvre, a revista Annales d’histoire économique et sociale. A súa carreira como docente truncouse polas disposicións antisemíticas do goberno de Pétain. Especializouse no estudo das institucións sociais e económicas medievais, propugnando un concepto integral da Historia que incorporaba as ciencias complementarias: Economía, Xeografía, Socioloxía, etc. Defendeu a importancia da utilización das novas ciencias auxiliares, como a Estatística, na realización dunha Historia Comparada. Entre as súas obras destacan Rois et Serfs. Un chapitre d’histoire capétienne (Reis e escravos. Un capítulo da historia dos Capeto, 1920), Rois thaumaturges (Reis taumaturgos,1924), La société féodale (A sociedade feudal, 1939-1940) e Apologie pour l’histoire ou Métier d’historien (Apoloxía para a historia ou Método do historiador, 1949), na que desenvolveu o seu concepto de Historia. No ano 1942 entrou no movemento de resistencia francés. Anos máis tarde, foi torturado e fusilado polos nazis.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lyon -
Deceso
Lugar : Les Roussilles