Bloch, Maurice

Bloch, Maurice

Antropólogo social. Formouse en Francia e no Reino Unido, onde se doutorou na Universidade de Cambridge. Foi profesor de Antropoloxía nas universidades de Berkeley, Göteborg e na London Scholl of Economics. A súa obra caracterízase por ser unha síntese entre a Antropoloxía marxista francesa e a funcionalista británica. Realizou traballos de campo en Madagascar entre 1964 e 1966, e de novo en 1971, onde se interesou pola relación entre os modos de produción e as estruturas de parentesco. Publicou, entre outras obras, Placing the dead: tombs, ancestral villages and kinship organization in Madagascar (Clasificación da morte: tumbas, vilas ancestrais e organización de parentesco en Madagascar, 1971), Marxism and anthropology: the history of a relationship (Marxismo e antropoloxía: a historia do parentesco, 1983), Ritual, history and power (Ritual, historia e poder, 1989) e How we think they think: anthropological approaches to cognition, memory, and literacy (Como pensamos nós o que pensan eles: aproximacións antropolóxicas ao coñecemento, á memoria e ao alfabetismo, 1998). Así mesmo, coordinou Political language and oratory in traditional society (Linguaxe política e oratoria na sociedade tradicional, 1975), Marxist analyses and social anthropology (Análises marxistas e antropoloxía social, 1975) e, xunto con Jonathan Parry, Death and the regeneration of life (A morte e a rexeneración da vida, 1982) e Money and the morality of exchange (O diñeiro e a moralidade do cambio, 1989).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Caen