Bloch, teorema de

Bloch, teorema de
[FÍS]

Teorema que establece que as solucións da ecuación de Schrödinger para un electrón que se move no seo dun potencial periódico (por exemplo o potencial nun cristal) é periódico respecto a translación T sobre a malla: U(r+T)=U(r) satisfán a expresión ψ (r+T) =eik·T ψ (r), onde k é o vector de onda; estas funcións chámanse funcións de Bloch. Este teorema recibe ás veces o nome de teorema de Floquet.