Bloomberg

Bloomberg

Grupo xornalístico multimedia dedicado á información económica que goza de gran prestixio no mundo financeiro, en especial nos EE UU, e que acadou unha gran sona a través da Internet. Así mesmo, dispón dunha rede con terminais informáticos propios que son alugados aos clientes, e nos que estes reciben un enorme fluxo de información económica actualizada, tendo acceso ademais a datos históricos do sector. O grupo toma o nome do seu fundador, Michael Bloomberg.

Palabras veciñas

bloody mary* | bloom* | Bloom, Harold | Bloomberg | Bloomfield, Leonard | blooming* | Bloomington