Bloomfield, Leonard

Bloomfield, Leonard

Lingüista. Doutorouse en Chicago (1909) e completou estudios en Alemaña. A súa gran realización é o traballo sobre as linguas algonquinas. Tanto nesta orde como na da descrición sincrónica, Bloomfield abriu novos horizontes. A súa obra máis influente foi o libro Language (A Linguaxe, 1933) coa que fundou a escola estruturalista norteamericana, denominada Distribucionalismo. Escribiu tamén Introdución ao estudo da linguaxe (1914) e Os aspectos lingüísticos da ciencia (1939).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chicago

  • Deceso

    Lugar : New Haven, Connecticut