Blum, Léon

Blum, Léon

Político. Membro dunha familia xudía, estudiou Dereito. Foi auditor do Consello de Estado (1895). Progresou dende o Republicanismo ata o Socialismo democrático de Jean Jaurés. Colaborou no xornal L’Humanité dende 1904. Durante a Primeira Guerra Mundial foi director do gabinete do ministro de Obras Públicas Sembat (1914-1916). No Congreso de Tours (1920) encabezou a oposición na Terceira Internacional e pasou a ser o líder do novo partido socialista francés, Sección Francesa de la Internacional Obrera (SFIO), despois da separación dos comunistas. Foi tamén director de Le Populaire. Tralo triunfo da Fronte Popular accedeu á presidencia do Consello. O seu primeiro ministerio (1936-1937) levou a cabo importantes reformas económicas e sociais, como a semana de 40 horas, as vacacións pagadas ou a negociación colectiva das condicións laborais. Partidario nun primeiro momento de axudar a República española no inicio da Guerra Civil, posteriomente propuxo a non intervención das potencias no conflito, política que desembocou na súa dimisión (xuño 1937). Baixo o réxime de Vichy foi deportado ao campo de Buchenwald (1943), do que foi liberado en 1945. Á volta, presidiu un goberno transitorio (1946-1947). Publicou À l’échelle humaine (Á escala humana, 1945), onde intentou conciliar as teses marxistas co humanismo occidental.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Jouy

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Jossas