Blumberg, signo de
Blumberg, signo de
[MED]
Signo de irritación peritoneal, que consiste na provocación de dor moi intensa ao retirar de súpeto a man que oprimía unha zona determinada do abdome. Foi descrito polo cirurxián e xinecólogo alemán Jacob Moritz Blumberg (1873 - 1955).