Blume, Peter

Blume, Peter

Pintor norteamericano de orixe rusa. Dentro dunha atmosfera surrealista, a súa obra inicial interpretaba máquinas e produtos industriais (Parede, 1930). É autor de The Eternal City (A cidade eterna, 1934-1937), evocación sarcástica da Roma de Mussolini. Máis tarde, interpretou os elementos naturais dentro dun certo Realismo máxico en Key West Beach (A praia da chave oeste, 1940).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso