Blumenbach, Johann Friedrich

Blumenbach, Johann Friedrich

Antropólogo. Realizou importantes traballos de Fisioloxía e Anatomía humana, que lle serviron para destacar o valor da anatomía comparada nos estudios de antropoloxía física, ciencia na que se lle pode considerar como un dos seus fundadores. Os seus estudios sobre as diferencias craniométricas entre etnias, permitiulle propoñer a primeira clasificación feita polas razas, e dividir a especie humana en cinco grandes familias: caucásica, mongola, malaia, etíope e americana. Publicou Institutiones Physiologicae (Fundamentos de Fisioloxía, 1787) e Collectionis suae Craniorum Diversarum Gentium Illustratae Decades (Fragmentos ilustrados da súa colección de cranios de diversas razas, 1790-1828), no que describe 60 cranios humanos que emprega para realizar a súa clasificación raciolóxica.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gotha, Turinxia

  • Deceso

    Lugar : Göttingen, Baixa Saxonia