Bluntschli, Johann Kaspar

Bluntschli, Johann Kaspar

Xurista e historiador suízo. Participou nas loitas políticas entre os cantóns da federación. Presidente do gran consello de Zúric, a causa de presións políticas, provocadas pola súa obra Psychologische Studien über Staat und Kirche (Estudios psicolóxicos sobre o estado e a igrexa, 1844), dimitiu e trasladouse a Múnic en 1847. Desde 1861 ocupou a cátedra de Dereito Constitucional en Heidelberg. Continuador do pensamento de Savigny, foi un dos fundadores do Instituto de Dereito Internacional de Gante en 1873. A súa obra fundamental é Allgemeines Staatsrecht (Cuestións xerais sobre dereito público, 1851-1852).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zúric

  • Deceso

    Lugar : Karlsruhe