Blythe, Ethel Mae

Blythe, Ethel Mae

Actriz, coñecida polo pseudónimo de Ethel Barrymore. Estrenouse en Broadway con apenas quince anos da man do seu tío, o actor John Drew. Obtivo un grande éxito con None but the Lonely Heart (Nada máis que un corazón solitario, 1944), filme co que gañou un Oscar. Estivo nominada tres veces máis como Mellor Actriz Secundaria. Destaca o seu papel en Rasputin and the Empress (Rasputin e a Tsarina, 1932), The spiral staircase (A escaleira de caracol, 1946), The Paradine case (O proceso Paradine, 1948) e Johnny Trouble (1957).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Philadelphia, Pennsylvania

  • Deceso

    Lugar : Hollywood, California