Boedo
Boedo
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos do mesmo nome. Estes topónimos son descendentes do latín vulgar *budetu, procedente de buda ‘espadana, xunco’.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que leva como armas: en campo de ouro, tres faixas ondeadas de goles, acompañadas de catro veneras da mesma cor, alternando coas faixas, unha en cada oco e postas en pao. Recóllese tamén outra variante que trae, en campo de sinople, unha pouta de león de ouro, uñada de goles.