Boente
Boente
Río afluente do Ulla pola dereita. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Vitiriz, concello de Melide, a 400 m de altitude. O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que penetra no concello de Arzúa pola parroquia de Figueiroa e que non abandonará ata a súa desembocadura. A seguir, drena as parroquias de Boente e Vilantime, onde recibe o seu principal tributario, o Valverde. Desemboca a 250 m de altitude, na marxe setentrional do encoro de Portodemouros no lugar do Batán da parroquia de Maroxo (Arzúa), logo dun percorrido duns 9 km de lonxitude.