Boerhaave, Hermann
Médico holandés. Profesor na escola de Leiden (1701) de Botánica, Química e Medicina. Foi o precursor do ensino clínico, impartindo as clases ao pé da cama do enfermo, o que levou a esta escola a ser a primeira entre as do seu tempo, e a Boerhaave a ser considerado como o mestre máis eminente; as súas leccións congregaban a numerosos alumnos, chegados de toda Europa. Non se decantou polos sistemas teóricos extremos que se impuñan, ocupándose unicamente da terapéutica e da clínica, seguindo unha liña de volta ao hipocratismo. Creou escola, e un dos seus discípulos, Van Swieten, foi o iniciador da escola clínica de Viena. Entre os seus escritos cómpre subliñar as Institutiones medicae (Institucións do médico, 1708), os Aphorismi de cognoscendis et curandis morbis (Aforismos sobre a curación e o coñecemento das enfermidades, 1709), texto moi coñecido e dunha grande influencia durante todo o s XVIII, o Index plantarum (Índice de plantas), do xardín botánico de Leiden (1710 e 1720) e os Elementa chemiae (Elementos de Química, 1724).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Voorhout, preto de Leiden -
Deceso
Lugar : Leiden