Bohr, Aage
Bohr, Aage
Físico. Fillo de Niels H. D. Bohr, estudiou e doutorouse na Universidade de Copenhaguen, da que foi profesor a partir de 1956. Á morte do seu pai no 1962, dirixiu o Instituto Niels Bohr ata o 1970 e dende 1975 ata 1981, o Instituto Nordita. En 1950 investigou o modelo de capas do núcleo atómico e con B. Mottelson elaborou a teoría do modelo unificado. Con B. Mottelson e J. Rainwater recibiu o Premio Nobel de Física en 1975 polo seu estudo da estrutura do núcleo atómico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Copenhaguen