Bohr, Niels Henrik David

Bohr, Niels Henrik David

Físico. Doutorouse en Física na Universidade de Copenhaguen e posteriormente viaxou a Inglaterra (1911), onde traballou con J. J. Thomson no Cavendish Laboratory, en Cambridge, e con E. Rutherford en Manchester. En 1920 dirixiu o Instituto de Física Teórica de Copenhaguen. A partir do modelo planetario de Rutherford e da teoría dos cuantos de Planck, propuxo un modelo atómico para o hidróxeno. É tamén autor do modelo chamado ‘gota líquida’ para explicar as desintegracións nucleares. Durante a Segunda Guerra Mundial participou no movemento de resistencia antinazi de Dinamarca; no 1943 fuxiu a Suecia, Inglaterra e aos EE UU, onde traballou no proxecto Manhattan. Persuadiu os organismos estatais para abandonar a carreira de armamentos atómicos. No 1922 recibiu o Premio Nobel de Física, e no 1957 o Premio Átomos para a Paz.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Copenhaguen

  • Deceso