bohunicense

bohunicense

(

[PREHIST]

Conxunto industrial do Paleolítico superior inicial centroeuropeo identificado no xacemento de Bohunice (Brno, República Checa) e posteriormente detectado en Moravia e noutros territorios veciños, que se desenvolve durante o interestadio Hengelo (43.000-38.000 BP). Caracterízase pola presenza de puntas foliáceas bifaciais e o emprego da técnica levallois na elaboración das abondosas láminas. Interpretouse como unha industria de transición entre o Paleolítico medio e o superior, anterior ao Auriñacense, con influencias no Szelentense do centro e norte de Europa, e paralelos en Próximo Oriente.