Boito, Arrigo

Boito, Arrigo

Libretista, compositor e crítico musical. Estudiou composición e estética no Conservatorio de Milán. No ano 1868 estreou a ópera Mefistofele, que foi un fracaso rotundo, despois dalgúns arranxos dita ópera triunfou en Boloña, Venecia e Milán (1881). Escribiu numerosos libretos para óperas, como La Gioconda de Ponchielli (1876), Otello (1887) e Falstaff (1893) de Verdi, con quen traballou ao longo de moito tempo. Durante os anos sesenta realizou críticas musicais e publicou o libro de poesías Libro dei versi (Libro dos versos, 1862-1867).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Padua

  • Deceso

    Lugar : Milán