Boker Tachtit
Boker Tachtit
Xacemento de terraza no deserto do Negev (Israel) que conserva unha secuencia estratigráfica fundamental para o estudo da transición do Paleolítico medio ao superior (47.000-38.000 BP) no Próximo Oriente. A análise espacial revela o tránsito dende o Musterense -puntas e láminas obtidas coa técnica de talla bipolar Levallois-, con lugares de actividade específica diferentes, ao Emirense -láminas de talla unipolar e puntas de Emireh-, con diferentes concentracións de restos que son o resultado dunha mesma actividade, que se ben explicando pola maior mobilidade dos grupos humanos de cazadores-recolledores emirenses.