Boksburg
Boksburg
Cidade da provincia do Transvaal, Sudáfrica (119.890 h [1991]). Debido aos recursos auríferos do contorno, é un importante centro mineiro. A actividade industrial básica é a maquinaria e a petroquímica; posúe tamén unha refinería de petróleo.