boletín
(< it bullettino < itbolletta)
-
-
s
m
Publicación periódica sobre unha materia determinada que, en xeral, constitúe o órgano de divulgación dunha entidade oficial ou privada. En Galicia destaca o Boletín da Real Academia Galega, revista mensual que publicou o primeiro número en maio de 1906. Nela figuran interesantes traballos sobre Prehistoria, Etnografía, Arqueoloxía, Historia, Lingüística, Numismática, Xeografía, Bibliografía, etc, referidos a Galicia. Tamén contén unha curiosa Colección de Documentos Históricos relativos ao noso país, obra que consta de máis de dous tomos, independentes da revista.
Ex: A lista de premiados na bienal saíu publicado no boletín da facultade de Belas Artes.
Confrontacións: anais, anuario, semanario. -
s
m
[DER]
Publicación periódica de carácter oficial na que se fan públicas as leis e outras disposicións de xeral observancia, resolucións e avisos de interese xeral ou ben necesidades dunha publicidade para seren plenamente eficaces xuridicamente.
Ex: Saíron as bases da bolsa no Boletín Oficial do Estado.
-
boletín electrónico
[INFORM]
Boletín oficial dunha administración que dispón dunha versión completa ou reducida que se pode consultar a través dunha rede de comunicacións, como o Diario Oficial de Galicia, no enderezo http://www.xunta.es/doga, ou o Boletín Oficial do Estado, en http://www.boe.es.
-
s
m
-
-
s
m
Pequeno escrito de noticias para circulación interna nalgún organismo ou para a comunicación pública.
Ex: Segundo o boletín que facilitaron os médicos a enfermidade non é grave.
Sinónimos: parte, parte. -
s
m
[BÉL]
Breve comentario de noticias de operacións militares.
Ex: Todos os días a OTAN facilitaba un boletín sobre a intervención en Kosovo.
Sinónimos: parte, parte. -
s
m
[COMUN]
Bloque de novas de última hora que aparece tanto nos xornais como nos medios audiovisuais. Na súa orixe, trátase dunha folla informativa de pequenas dimensións dirixida a un grupo de persoas en función duns intereses moi concretos.
Ex: Non vin as imaxes do boletín, pero lino na prensa.
-
boletín electrónico
[INFORM]
Conxunto de noticias de actualidade sobre un tema ou temas determinados que se lles envía periodicamente por correo electrónico aos internautas subscritos a ese servizo ou que se poden consultar directamente na Internet visitando unha páxina web.
-
s
m
-
s
m
-
Papeleta que se cobre con calquera finalidade, como por exemplo, para subscribirse a unha publicación ou a que enche a administración educativa para dar conta do labor desenvolvido por un alumno.
Ex: Subscribímonos a través do boletín que viña na propia revista.
-
Cédula ou certificación oficial.
Ex: Precisas un boletín de cualificacións oficial para matricularte nos cursos de doutoramento.
-
[RELIX]
Comprobante escrito onde se manifesta ter cumprido cun precepto da Igrexa.
-