anuario
(< lat annuariu ‘anual, doano’)
-
s
m
Publicación na que se recolle cada ano o resumo dos acontecementos do ano anterior nunha actividade determinada ou os traballos orixinais dunha entidade científica, literaria, económica, deportiva, etc, cunha finalidade basicamente propagandística. A publicación de anuarios iniciouse no s XVI. Os anuarios adoitan especializarse en determinadas materias segundo a institución á que pertencen ou ao público ao que van destinadas (actualmente teñen especial importancia os anuarios estatísticos). Serven tamén como guía para os profesionais dun sector que necesitan información detallada sobre os organigramas da empresa que o publica ou sobre calquera outro aspecto da súa actividade. O anuario ten relación a miúdo co almanaque.
Confrontacións: anais, boletín. -
s
m
Publicación que se edita cando comeza un novo ano e que contén informacións de interese relativas a el.
-
anuario de mareas
[PUBLIC/MAR]
Publicación na que figuran as horas e as alturas da baixamar e a preamar para todos os días do ano e referente a un número determinado de portos. Tamén inclúe datos que permiten calcular o mesmo para outros portos menos importantes.