anual
(< lat annūale)
-
adx
Que acontece ou se repite cada ano.
Ex: En setembro celebramos as festas anuais en honor á nosa patroa.
-
adx
Que dura un ano.
Ex: A nova publicación da editorial será anual.
-
adx
[BOT]
Planta que completa o seu ciclo vital en menos dun ano ( terófito). As plantas anuais a miúdo morren no momento de iniciarse as épocas desfavorables -verán seco, inverno frío-, que son resistidas con vantaxe en estado de vida latente (semente, espora, etc). Distínguense anuais invernais, como o trigo, que nace no outono e morre ao comezar o verán; anuais de primavera, que nacen despois do inverno e morren na mesma época cós do grupo anterior, e anuais de verán, que medran durante o verán e morren cando chega o frío. Dáselle o nome de efémeras ás anuais de vida moi curta.
Antónimos: vivaz.