Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela

Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela

Publicación mensual que apareceu en Santiago o 1 de xaneiro de 1929. Saía durante o curso académico. Unha das súas seccións dedicábase a traballos doutrinais e outra a información relacionada coa vida universitaria. En 1933 (números 17-18) publicáronse dous tomos en honor do profesor Rodríguez Cadarso. Pódense atopar artigos, traballos e teses de doutoramento en portugués, galego, italiano, etc. Nalgúns números apareceron informacións sobre as últimas publicacións da Universidade de Santiago. No ano 1941 saíron números monográficos das diferentes facultades, Farmacia-Ciencias, Medicina, Dereito, Historia, etc. Neste boletín están publicadas as teses de doutoramento de importantes investigadores das letras como a de Xosé Filgueira Valverde “La Cantiga CIII: Noción del Tiempo y Gozo Eterno en la Narrativa Medieval” (ano 1936 número de xaneiro-marzo).