Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada
Boletín fundado en xullo de 1872 en Ferrol. Era unha publicación trimestral dedicada aos profesionais deste sector. Houbo varios presidentes da Sociedade de Maquinistas que tiveron un papel decisivo na publicación, tales como Xosé Montero, Xosé Fernández Lamaza, Nicolás Contreras ou Francisco Gómez. Nas primeiras edicións o boletín estaba dividido en seccións tituladas “Sección administrativa”, “Sección científica e industrial”, “Personal”, “Sección de intereses generales”, “Variedades” ou “Noticias generales”. A medida que a publicación progresaba, as diferentes seccións ían desaparecendo, non sendo a “Sección administrativa” onde se informaba sobre os ingresos e gastos do Círculo, para rematar converténdose nunha publicación con artigos técnicos ou colaboracións, a maioría sen asinar. De todos os xeitos, hai que salientar a técnica empregada neste boletín, que ilustraba os artigos con debuxos ou gráficos que, ás veces, eran despregables.