Boletín del Clero del Obispado de Lugo
Boletín del Clero del Obispado de Lugo
Publicación da que Manuel Soto Freire foi o fundador, redactor e impresor dende 1859 ata 1873. Era un boletín semanal de carácter relixioso que informaba o clero. Nas diferentes seccións daba preferencia aos actos e disposicións do prelado da diocese e ás da Súa Santidade; con todo, tamén se atopaban artigos doutrinais ou científicos. Incluía toda a lexislación na “Gaceta”, a sección oficial. Na sección de “Crónica” publicábanse todas as noticias relativas ao culto, así como pastorais doutros prelados, discursos, circulares e outros escritos. En “Revista de la semana” condensábanse todas as noticias de índole política.