Boletín del Cólera
Boletín del Cólera
Publicación que xurdiu na cidade de Santiago de Compostela en maio de 1854 e que desapareceu en setembro do mesmo ano. Tiña como subtítulo “Periódico de circunstancias”. Xosé Varela de Montes, Xosé Olivares, Vicente Martínez de la Riva e Antonio Casares formaron o conxunto de redactores. Fundouse cando o cólera invadiu a provincia de Pontevedra. Este boletín perseguía un fin social e humanitario ofrecendo unha información que tentaba remediar no posible os estragos causados pola enfermidade. Don Rey Romero deixou de imprimilo cando desapareceu o perigo.