1 bolo
(
-
s
m
Porción de masa de calquera substancia de forma máis ou menos arredondada.
Ex: O rapaz fixo un bolo coa plastilina na escola. É unha tea moi mala porque a estreei recentemente e xa fai bolos.
-
s
m
Grumo que se forma nunha substancia mal diluída ou porción arredondada que se forma nun líquido ao callar.
Ex: Non revolviches ben as papas e formáronse bolos.
Sinónimos: bolboroto, borboroto, cadullo. -
s
m
Avultamento que se orixina nunha superficie debido a un golpe.
Ex: Caeu de fociños e saíulle un bolo na fronte.
Sinónimos: pote. -
[ALIM]
-
s
m
Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo.
Ex: Merquei media ducia de bolos na panadería.
Sinónimos: molete. -
s
m
Peza de pan esponxoso, feito xeralmente con fariña, leite e ovo, con forma de molete. Tamén se chaman así os bolos de pequeno tamaño e de forma arredondada, adozados con azucre, que a comezos de século eran habituais nas festas e feiras de Galicia. OBS: Tamén se coñecen co nome de bolos suízos ou bolos de leite.
-
s
m
Peza de pan de fariña de centeo, millo ou trigo que se cocía na lareira empregando unha pedra especial, a pedra do bolo, de granito, puída e de forma arredondada.
-
s
m
Peza de pan arredondada de millo ou doutra fariña, que pesaba entre 14 e 50 libras, e que os mariñeiros levaban a bordo cando tiñan que permanecer varios días traballando no mar.
-
bolo asmo
Bolo feito coa masa de pan sen fermentar.
-
bolo da pedra
Pan que se facía coa flor da fariña e auga quente durante as muiñadas; cocíase entre dúas pedras e requentábase ao lume.
-
bolo da regueifa
Bolo de trigo máis ben grande que se disputaba nas vodas.
-
bolo de san Pantaión
Bolo que se facía para entregarllo ao primeiro pobre que pasaba.
-
bolo do pote
Bolo de fariña de millo, cocido co caldo, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.
Sinónimos: bullote. -
bolo maimón
Bolo de mazapán que se enchía de froitas en conserva.
-
bolo oután
Pan de millo ou de trigo, máis alto no centro ca no resto e polo xeral máis alto ca ancho, que se fai coa masa sobrante dunha fornada.
-
bolo preñado
Pequena peza de pan cocida con chourizo dentro.
-
s
m
-
s
m
[ALIM]
Masa de manteiga que se obtén tras bater a tona do leite e deixala desorar.
-
s
m
[ETN]
Porción de forma arredondada que se facía coa cera dos trobos para logo vendela aos cereiros.
-
s
m
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘unha variedade de encaixe’.
Frases feitas
-
Non estar o forno para bolos. Non ser o contexto axeitado para algunha cousa.
-
Ser un bolo cru. Ser moi feo.