2 bolo

2 bolo

(

  1. s m

    Cilindro vertical que está colocado nunha armazón.

  2. s m
    1. [ETN]

      Canto de cuarcita, sobre o que descansa o rodicio do muíño fariñeiro.

    2. Calquera canto de pedra.

      Sinónimos: coio, croio, pelouro.
  3. bolo alimenticio [ALIM]

    Masa que forman os alimentos despois de mastigados e insalivados, que se deglute dunha soa vez.

  4. bolo histérico [PSIC]

    Sensación de opresión no pescozo experimentada polos histéricos, que sobe do epigastrio e pode provocar náuseas.

Palabras veciñas

Bolm, Adolph | Bolmente | 1 bolo | 2 bolo | 3 bolo | Bolo | Bolo, O