Bolra
Bolra
-
[ONOM]
Apelido derivado da voz común borla, forma que provén do latín vulgar *burrŭla, derivado de burra ‘la burda’. O apelido presenta, xa que logo, metátese nas consonantes líquidas ao mudar r/l de lugar.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de prata, unha borla. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bolrón.