1 bolsa

1 bolsa

(

  1. s f
    1. Saco de plástico, tea, papel ou doutro material flexible, formando unha cavidade, con abertura única por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou levar toda clase de obxectos.

      Ex: Ó final colleume toda a compra nesta bolsa de plástico. Os deportistas colleron as súas bolsas antes de subir ó autobús.

      Sinónimos: bulsa.
    2. Saquiño de tea ou de coiro no que se botan os cartos e que se pecha ou se ata para que non saian. OBS: Tamén se lle pode chamar bolsa dos cartos.

      Ex: Ten unha bolsa chea de moedas dunha peseta.

      Sinónimos: bulsa.
    3. Peto na parte interior da faldra das mulleres, atado ou cosido, no que se gardaban os cartos.

      Ex: Gardou os cartos na bolsa que agochaba debaixo da súa faldra.

      Sinónimos: bulsa, faldriqueira.
  2. s f

    Inflamación na pel provocada xeralmente por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.

    Ex: O zapato fíxolle unha bolsa no pé dereito.

    Sinónimos: ampola, bulsa, vincha, vinchoca.
  3. s f

    Diñeiro ou riquezas que posúe unha persoa.

    Ex: A súa bolsa é das máis ricas do país.

    Sinónimos: bulsa.
  4. s f [ANAT]

    Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.

    Ex: Bolsa sinovial.

    Sinónimos: bulsa.
  5. s f [ZOOL]

    Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco, como a bolsa marsupial dos marsupiais ou a bolsa da tinta dos cefalópodos.

    Ex: Os canguros levan as súas crías metidas nas bolsas.

    Sinónimos: bulsa.
  6. s f [ANAT]

    Cada unha das cavidades que conteñen os testículos.

    Sinónimos: bulsa, escroto.
  7. s f

    Filón ou cavidade dunha mina onde abunda o mineral, un líquido ou calquera outro elemento.

    Ex: Meu pai traballa nunha empresa americana que está á procura de bolsas de petróleo.

    Sinónimos: bulsa.
  8. s f

    Engurra dun vestido cando queda frouxo, ou cando unha tea é máis grande ca a outra.

    Ex: Esta saia ten unha bulsa, hai que cosela de novo.

    Sinónimos: bulsa.
  9. s f

    Estado socioeconómico excepcional no seo dunha sociedade.

    Ex: Nas grandes cidades pode percibirse un gran contraste entre o luxo e as bolsas de pobreza.

    Sinónimos: bulsa.
  10. s f

    Termo da xerga das palilleiras que designa ‘unha bolsa feita de tea chea de serraduras para cravar nela os alfinetes’.

    Sinónimos: bulsa.
  11. s f

    Termo da xerga das palilleiras que designa ‘depósito cosido á almofada para gardar as bobinas’.

    Sinónimos: bulsa.
  12. bolsa da area

    Última parte do estómago das aves onde trituran e abrandan os alimentos.

    Sinónimos: moella.
  13. bolsa das augas

    Saco anatómico que durante a xestación envolve o feto e facilita a súa expulsión no parto.

  14. bolsa de aire [METEOR]

    Porción de aire atmosférico, menos denso ca o circundante, que provoca nas aeronaves unha diminución da sustentación, acompañada dun descenso brusco se non é compensada.

  15. bolsa de auga quente

    Recipiente de goma con tapón de rosca, de formas diversas, destinado a conter auga quente, empregada para quentar as camas ou para aplicar calor a un lugar determinado do corpo.

  16. bolsa de estudios [PEDAG]

    Axuda económica outorgada a un estudante con fondos públicos ou privados a fin de facilitarlle total ou parcialmente o pagamento dos estudios ou a manutención. OBS: Tamén se lle pode chamar bolsa.

    Ex: Non lle concederon a bolsa de estudios para ir estudar a Irlanda.

  17. bolsa de pastor [PLANTA]

    panqueixo.

  18. bolsa de xeo

    Recipiente de plástico que contén xeo picado, empregado para aplicar frío á cabeza ou a outras partes do corpo ou para arrefriar algunha cousa, como bebidas.

  19. bolsa do engado

    Bolsa de lona cónica que levan as dornas, na que se coloca o cebo para certos peixes.

  20. bolsa do fel

    Vesícula biliar.

  21. bolsa opaca [IND/ARTE]

    Elemento pechado dentro do que se poden cargar os negativos da luz.

  22. bolsa serosa [ANAT]

    Cavidade chea de líquido seroso que se forma ao redor das articulacións, no punto de fricción dun tendón.