ampola

ampola

(

  1. s f [HIST]

    aso de vidro de terracota, metal ou marfil, de corpo redondo e de vinca alongada e estreita, utilizado polos romanos para servir o viño na mesa, gardar os aceites, os perfumes e outros líquidos. Na época paleocristiá serviron para levar aceite que queimaban nos lugares santos e diante das tumbas dos mártires ou para levar terra de ambos os dous lugares. Aínda hoxe reciben este nome os recipientes nos que se consagra e conservan os santos óleos.

  2. s f [MED]
    1. Recipiente de vidro soprado, de formas e medidas diferentes, destinado a conter unha dose individual de medicamento, polo xeral inxectable.

      Ex: Xuntou todas as ampolas baleiras para tirar.

    2. Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.

      Ex: Tiña que tomar tres ampolas ó día, segundo lle dixo o médico.

  3. s f [PAT]

    Lesión elemental da pel que consiste nunha acumulación de líquido localizado na epiderme que separa, levantándoa, a capa córnea das subxacentes. Ten un diámetro superior a 5 mm e aparece en dermatoses, queimaduras, rozaduras, etc.

    Ex: As sandalias novas fixéronlle unha ampola no pé.

    Sinónimos: vexiga, vincha, vinchoca.
  4. s f [FÍS]

    Avultamento producido na superficie dun metal pola expansión dun gas contido nel.

  5. s f [ANAT]
    1. Dilatación que, en determinados puntos, presentan algúns condutos como, por exemplo, a ampola de Vater, dilatación na mucosa do duodeno á que conducen os condutos biliares e pancreáticos.

    2. Cada unha das vesículas que presentan certos equinodermos na base dos seus tentáculos ambulacrais e que, ao contraérense, fan posible que estas saian cara a fóra.

Palabras veciñas

amplificativo -va | amplitude | amplo -pla | ampola | ampolar | Ampolla, l’ | Ampra