amplitude
(
-
s
f
Calidade de amplo, extensión.
Ex: A amplitude desta habitación fai que sexa moi cómoda.
Sinónimos: folgura. Confrontacións: anchura. -
s
f
[ASTRON]
Arco de horizonte comprendido entre o punto cardinal leste ou oeste e a vertical do astro considerado. É o complemento do acimut cando este é medido por cuadrantes. A amplitude é tabulada nas táboas náuticas en función da declinación e da latitude cando o astro se atopa no momento da súa posta e no momento da súa saída. No primeiro caso recibe o nome de amplitude occidua ou occidental e, no outro, o de amplitude ortiva ou oriental.
-
s
f
[FÍS]
alor máximo que alcanza unha magnitude vibratoria ou oscilante nun semiperíodo. Cando a magnitude vibratoria pode ser expresada por unha función sinusoidal do tipo f(t) = A sen (ωt+φ), a amplitude vale A e corresponde ao caso en que sen (ωt+φ) vale 1.
-
s
f
[LING/FILOL]
alor máximo dunha onda acústica nun semiperíodo. Depende directamente da tensión articulatoria.
-
s
f
[MAT]
Diferencia entre o valor máis alto e o máis baixo que adopta unha variable, dentro dun alcance dado.
-
s
f
[METEOR]
Diferencia entre os valores extremos dun elemento do clima como a temperatura e a presión, durante un período de tempo determinado. Segundo o que se considere, será diurna, anual, etc.
-
amplitude de marea
[MAR]
Diferencia de altura entre unha preamar e a baixamar posterior.
-
amplitude dobre
[FÍS]
Diferencia alxebraica entre os valores extremos dunha magnitude vibratoria ou oscilante nun período.
-
amplitude media da marea
[MAR]
Diferencia entre a media das alturas de dúas preamares consecutivas e a baixamar que ten lugar entre as dúas.
-
factor de amplitude
[ENX]
Nunha corrente alterna, relación entre o valor máximo ou amplitude e o valor eficaz, aplicable tanto a correntes como a tensións.