amplo -pla
amplo -pla
(< lat amplu ‘grande’)
-
adx
Dunha grande extensión ou cunha grande capacidade.
Ex: Nos exercicios ximnásticos fixo un estiramento amplo coas pernas. Ten unha casa ampla con xardín de flores na parte de diante.
Sinónimos: grande. -
adx
[TÉXT]
Que non aperta, non cingue e non axusta.
Ex: Compra sempre a roupa moi ampla e logo quédalle mal.
-
adx
Que non é breve nin conciso, plenamente suficiente en extensión.
Ex: No sentido máis amplo da palabra, é un animal.
Confrontacións: abundante.