1 bolsa
(
-
s
f
-
Saco de plástico, tea, papel ou doutro material flexible, formando unha cavidade, con abertura única por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou levar toda clase de obxectos.
Ex: Ó final colleume toda a compra nesta bolsa de plástico. Os deportistas colleron as súas bolsas antes de subir ó autobús.
Sinónimos: bulsa. -
Saquiño de tea ou de coiro no que se botan os cartos e que se pecha ou se ata para que non saian. OBS: Tamén se lle pode chamar bolsa dos cartos.
Ex: Ten unha bolsa chea de moedas dunha peseta.
Sinónimos: bulsa. -
Peto na parte interior da faldra das mulleres, atado ou cosido, no que se gardaban os cartos.
Ex: Gardou os cartos na bolsa que agochaba debaixo da súa faldra.
Sinónimos: bulsa, faldriqueira.
-
-
s
f
Inflamación na pel provocada xeralmente por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.
Ex: O zapato fíxolle unha bolsa no pé dereito.
Sinónimos: ampola, bulsa, vincha, vinchoca. -
s
f
Diñeiro ou riquezas que posúe unha persoa.
Ex: A súa bolsa é das máis ricas do país.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
[ANAT]
Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.
Ex: Bolsa sinovial.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
[ZOOL]
Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco, como a bolsa marsupial dos marsupiais ou a bolsa da tinta dos cefalópodos.
Ex: Os canguros levan as súas crías metidas nas bolsas.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
[ANAT]
Cada unha das cavidades que conteñen os testículos.
Sinónimos: bulsa, escroto. -
s
f
Filón ou cavidade dunha mina onde abunda o mineral, un líquido ou calquera outro elemento.
Ex: Meu pai traballa nunha empresa americana que está á procura de bolsas de petróleo.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
Engurra dun vestido cando queda frouxo, ou cando unha tea é máis grande ca a outra.
Ex: Esta saia ten unha bulsa, hai que cosela de novo.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
Estado socioeconómico excepcional no seo dunha sociedade.
Ex: Nas grandes cidades pode percibirse un gran contraste entre o luxo e as bolsas de pobreza.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘unha bolsa feita de tea chea de serraduras para cravar nela os alfinetes’.
Sinónimos: bulsa. -
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘depósito cosido á almofada para gardar as bobinas’.
Sinónimos: bulsa. -
bolsa da area
Última parte do estómago das aves onde trituran e abrandan os alimentos.
Sinónimos: moella. -
bolsa das augas
Saco anatómico que durante a xestación envolve o feto e facilita a súa expulsión no parto.
-
bolsa de aire
[METEOR]
Porción de aire atmosférico, menos denso ca o circundante, que provoca nas aeronaves unha diminución da sustentación, acompañada dun descenso brusco se non é compensada.
-
bolsa de auga quente
Recipiente de goma con tapón de rosca, de formas diversas, destinado a conter auga quente, empregada para quentar as camas ou para aplicar calor a un lugar determinado do corpo.
-
bolsa de estudios
[PEDAG]
Axuda económica outorgada a un estudante con fondos públicos ou privados a fin de facilitarlle total ou parcialmente o pagamento dos estudios ou a manutención. OBS: Tamén se lle pode chamar bolsa.
Ex: Non lle concederon a bolsa de estudios para ir estudar a Irlanda.
-
bolsa de pastor
[PLANTA]
panqueixo.
-
bolsa de xeo
Recipiente de plástico que contén xeo picado, empregado para aplicar frío á cabeza ou a outras partes do corpo ou para arrefriar algunha cousa, como bebidas.
-
bolsa do engado
Bolsa de lona cónica que levan as dornas, na que se coloca o cebo para certos peixes.
-
bolsa do fel
Vesícula biliar.
-
bolsa opaca
[IND/ARTE]
Elemento pechado dentro do que se poden cargar os negativos da luz.
-
bolsa serosa
[ANAT]
Cavidade chea de líquido seroso que se forma ao redor das articulacións, no punto de fricción dun tendón.