Bolšaja Sovetskaja Enciklopedija

Bolšaja Sovetskaja Enciklopedija
Nome científico: [Gran Enciclopedia Soviética]
[PUBLIC]

Dicionario enciclopédico ruso, destacado pola súa envergadura e o seu nivel científico. A primeira edición (1925-1947), dirixida por Otto Schmidt, consta de 65 volumes, ademais dun dedicado á URSS. A segunda edición (1950-1958), que tivo dous directores, Sergej Ivanovič Vavilov (1950-1951) e Boris Vvedenskij (1951-1958), consta de 50 volumes e un suplemento. No ano 1970 iniciouse a publicación da terceira edición, dirixida por Aleksandr Mikhajlovič, que consta de 30 volumes e da que existe unha edición en lingua inglesa.

Palabras veciñas

1 bolsa | 2 bolsa | bolsada | Bolšaja Sovetskaja Enciklopedija | bolseiro -ra | Bolsena, lago | bolsín