Bolton
Bolton
Cidade do condado de Lancashire, no NO de Inglaterra, Reino Unido (265.449 h [1996]). A súa economía está baseada esencialmente na industria, especialmente nos sectores téxtil (algodón), químico e eléctrico. O seu desenvolvemento económico veu propiciado pola súa condición de centro mineiro e por ser encrucillada de comunicacións ferroviarias. De gran tradición téxtil, Samuel Crompton construíu na cidade, en 1779, a mule-jenny para fiar algodón.