Bombus

Bombus
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de abellóns da orde dos himenópteros, co corpo robusto e moi peludo, de ata 3 cm de lonxitude, e de cores claras e raiadas ou escuras. Os abellóns deste xénero viven en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), fundadas na primavera por femias fértiles que sobreviviron ao inverno anterior. Constrúen os niños no chan con brións e follas, aproveitando a miúdo buratos de ratos. Na Península Ibérica é común a especie B. terrestris.

Palabras veciñas

bombón | bombona | bomboneira | Bombus | Bombycilla | Bombyx | Bomi