Bonares
Bonares
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao NL da capital e drenado polo río Tinto (5.056 h [1996]). As actividades económicas máis relevantes, ademais da agricultura e da gandería, son a fabricación de materiais de construción e a industria alimentaria (cooperativas panificadoras e hortofrutícolas). Entre os principais cultivos, xunto coa triloxía mediterránea (trigo, vide e oliveira), destacan as hortalizas e as froiteiras. A súa localización a 20 km da capital onubense, fai que se insira na área urbana desta, que exerce a súa influencia como centro de servicios administrativos e comerciais.