Bond, Edward
Comediógrafo e director teatral. Desde a súa primeira obra, The Pope’s Wedding (A voda do Papa, 1962), resucitou a figura do dramaturgo con mensaxe política. En Saved (Salvado, 1965), prohibida pola censura, a extrema violencia da situación e da linguaxe deu unha visión da pobreza cultural británica. Continuou con Narrow Road to the Deep North (Estrada estreita cara ao norte profundo, 1958), Early Morning (Mañá cedo, 1968) e Bingo (1974), na que se asiste ao suicidio de Shakespeare para non caer na sociedade sen principios dos seus contemporáneos. En Lear (1971) reescribiu O Rei Lear shakesperiano coa súa propia mensaxe, mentres que The Fool (O parvo, 1975) ambiéntase nos inicios da revolución industrial en Inglaterra. Tamén tratou temas contemporáneos como en The Worlds (Os mundos, 1979) ou en Summer (Verán, 1982), localizada nun país socialista europeo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres