Bonifacio VIII

Bonifacio VIII

Papa (1294-1303), de nome Benedetto Gaetani. De formación xurídica, efectuou importantes contribucións ao Dereito canónico con obras como o Liber Sextus, no que analiza os avances neste eido desde 1234. Enfrontouse ás monarquías inglesa e francesa ao defender a teocracia pontificia, tanto no espiritual como no secular. Reflexo destas teorías é a proclamación das súas bulas Clericis Laicos (1296), nas que defende a necesidade do asentimento pontificio para a imposición de tributos eclesiásticos, e Unam Sanctam (1302), onde defendía criterios teocráticos, motivada pola detención dun bispo francés por Filipe IV, Rei de Francia, ao que ameazou coa excomuñón. O Rei francés mandou apresar ao Papa, que foi maltratado, morrendo pouco máis tarde.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Anagni, Lacio

  • Deceso

    Lugar : Roma