Bononcini, Giovanni Battista
Bononcini, Giovanni Battista
Compositor e violoncelista. Traballou en Boloña ata 1691, trasladándose en 1692 a Roma onde compuxo obras escénicas como Il trionfo di Camila (O triunfo de Camila, 1696). Despois dunha estancia na corte de Viena, marchou a Londres como compositor na Royal Academy of Music, onde as súas óperas acadaron máis sona ca as de Haendel. Compuxo obras escénicas, pezas sacras e un gran número de cantatas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Módena -
Deceso
Lugar : Viena