Boole, George

Boole, George

Matemático e lóxico inglés. Autodidacta, estudiou as obras de Lagrange e Laplace. Catedrático do Queen’s College de Corcaigh (Cork), realizou importantes traballos sobre a análise matemática e contribuíu á fixación do concepto de invariancia. No ano 1854 publicou a súa obra mestra, An Investigation into the Laws of Thought, on which are Founded the Mathematical Theories of Logic and Probabilities (Unha investigación sobre as leis do pensamento, nas que se fundamentan as teorías da lóxica matemática e as probabilidades). Estableceu a base para os fundadores do Loxicismo, e foi o iniciador da Lóxica simbólica. Formalizou un conxunto de regras alxebraicas para a transformación das proposicións lóxicas, ás que chamou leis do pensamento e que se coñecen ademais co nome de álxebra de Boole.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lincoln, Lincolnshire

  • Deceso

    Lugar : Corcaigh, Mumha, Irlanda