boraxináceo -a

boraxináceo -a

(< lat científicoboragĭne)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás boraxináceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das boraxináceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, xeralmente herbas e máis rara vez arbustos ou árbores, da orde das lamiais, integrada por un cento de xéneros e preto de 2.000 especies. Teñen unha distribución subcosmopolita con dous centros de biodiversidade na rexión mediterránea e no sudoeste de América do Norte. Presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, e flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada que, polinizadas, principalmente por insectos, dan lugar a froitos en drupa. En Galicia están presentes os xéneros Anchusa, Borago, Echium, Heliotropium, Lithodora, Myosotis, Omphalodes e Pentaglottis.

Palabras veciñas

boratado -da | borato | bórax | boraxináceo -a | Borazón | borba | Borbén